Eratigena sp. Bolzern, Burckhardt & Hänggi, 2013
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 02 febreiro 2024
Autor: Xosé Otero
Son aprox. 15 as especies ibero-baleares. E. atrica (C.L.Koch, 1843) é a de maior distribución. Non así para Galicia, se facemos caso das bases de datos de GBIF, onde a especie máis citada sería E. inermis (Simon, 1870).
A primeira pode ser algo maior: Macho 10-14 mm e femia 11-16 mm. Mentres E. inermis, cun menor dimorfismo sexual ten un tamaño de: Macho 12 mm e femia 12,7 mm.
Como curiosidade, o nome Eratigena é un anagrama de Tegenaria, xénero do que se separou recentemente, na década de 2010.
E. atrica é esa máis que coñecida "araña doméstica", de grandes patas, que aparece de vez en cando dentro da bañeira.
Non temos fotografías de exemplares determinados ao nivel de especie.