Enoplognatha mandibularis (Lucas, 1846)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 19 xaneiro 2026
Autor: Xosé Otero
Especie da familia Theridiidae con distribución principalmente circunmediterránea pero con presenza dende a Rusia europea até a asiática, e China. Citada tamén en illas atlánticas (Azores e Santa Helena) e en Sudáfrica.
En Europa principalmente nas beiras do Mediterráneo mais é relativamente frecuente no noroeste de Francia. Observacións illadas tan ao norte coma Alemaña ou Dinamarca.
Na península ibérica ao longo das costas mediterráneas (incluídas Baleares) e atlánticas até Porto e citas menos frecuentes no interior.
En Galiza só citas recentes, unha no noroeste da coruña(1), dúas de Redondela e Vigo (PO) Fernández Velasco et al. (2024) (2) e esta que é a primeira para a provincia de Lugo.
De pequeno tamaño, con femias de 2,4-5,3 mm e machos de 2,4-4,8 mm segundo a descrición de Arácnidos Ibéricos, posúen uns distintivos quelíceros de gran tamaño.
De entre os hábitats onde se pode atopar noméase “...ás veces en xardíns.” Esta fotografouse nunha casa.
(1) Colaboradores de iNaturalist, iNaturalist (2026). Observaciones de investigación de iNaturalist. iNaturalist.org. Conjunto de datos de ocurrencia: https://doi.org/10.15468/ab3s5x. Consultado a través de GBIF.org el 10 de febrero de 2026. https://www.gbif.org/occurrence/4096856447
(2) Fernández Velasco, , L., Polina González, , A. y Garrido González, , J. (2024) «Enoplognatha mandibularis Lucas, 1846 (Arachnida, Araneae, Theridiidae), nuevo terídido para la comunidad de Galicia», Nova Acta Científica Compostelana, 31, pp. 1-3. doi: 10.15304/nacc.id9847.