Drapetisca socialis (Sundevall, 1833)

Phylum Arthropoda/Subphylum Chelicerata/Classis Arachnida/Superordo - incertae sedis – (Arachnida)/Ordo Araneae/Subordo Araneomorphae/Superfamilia Araneoidea/Familia Linyphiidae/Genus Drapetisca

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 01 novembro 2025

Autor: Xosé Otero

 

Única especie europea deste xénero incluído na familia Lyniphidae Blackwall, 1859. Trátase dun pequeno arácnido cun tamaño corporal de 3,5-5,2 mm as femias e 3,5-4 mm os machos.

De distribución paleártica basicamente occidental, máis abundante na Europa central e do norte e nas Illas Británicas e, inda que moi rareada, chega a Asia oriental.

Na Península Ibérica aparece na franxa norte e puntualmente e de maneira illada no centro (Madrid) e no suroeste e nordés de Portugal.

En Galicia está citada da provincia de Lugo (montaña oriental, Mariña oriental, na comarca de Lugo e esta da Terra Chá).

Os adultos son observados (en certo modo paradoxalmente tendo en conta o seu nome común: araña invisible) dende o verán, con máis frecuencia a finais, até finais do outono (ver por exemplo a súa ficha en British Spiders), principalmente en formacións boscosas de caducifolias, coníferas ou mixtas.

Case sempre no tronco de árbores, onde constrúen unha arañeira de fíos finos difícil de ollar (nas fotos adxuntas pódense apreciar vagamente), inda que puntualmente pódense mover sobre as follas do chan.

 

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.