Diferencias entre PYRONIAS
Tres son as especies de Pyronia presentes en territorio galego: Pyronia bathseba, a máis temperá aparece a finais de maio polo sur de Ourense, se cadra cara a zona occidental da provincia un bocado máis tarde, non ten dúbid na identificación nin polo anverso nin polo reverso. As outras dúas en practicamente todo o territorio galego aparecen no mes de xullo-a P. cecilia nunca a vin en xuño como din algúns libros-e si gardan un certo parecido polo anverso; no reverso hai que reparar nos ocelos que son esos puntiños brancos con negro do redor na P. tithonus que rara vez aparecen na P. cecilia (ás veces poden ter unhos puntiños brancos.