Dicranopalpus gallaecicus Wijnhoven, Martens & Prieto, 2022
Phylum Arthropoda/ Subphylum Chelicerata/ Classis Arachnida/ Superordo - incertae sedis - (Arachnida)/ Ordo Opiliones/ Subordo Palpatores/ Superfamilia Phalangioidea/ Familia Phalangiidae/ Subfamilia Oligolophinae/ Genus Dicranopalpus
Información da fotografía (4 exemplares vistos dende 2 ángulos)
Lugar: Aranga
Data: 05 febreiro 2026
Autor: Xosé Otero
Falánxido recentemente descrito, endémico do noroeste ibérico.
En Galiza citado de A Coruña, Lugo e Pontevedra, falta de Ourense. Xunto con dous rexistros do norte de Portugal conforman a súa área de distribución actualmente coñecida.
Trátase dun opilión de tamaño medio do que podes consultar unha descrición exhaustiva (xunto coas doutras especies do mesmo xénero) na publicación de Wijnhoven, H., Martens, J., & Prieto, C. E. (2022). Revision of the genus Dicranopalpus from northern Spain and Corsica, with descriptions of two new species (Arachnida, Opiliones, Phalangioidea).