Calopteryx haemorrhoidalis (Vander Linden, 1825)

BV INVERTEBRADOS IBÉRICOS/Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Odonata/Suborden Zygoptera/Familia Calopterygidae/Genus Calopteryx Leach, 1815

Gaiteiro vermello

Fotos de Damián Porto feitas en Caldas de Reis en agosto de 2013 e 2014 (excepto as dúas da esquina inferior dereita, feitas por min no Río Búbal, no concello de Oimbra, o 26/08/2012). Durante anos pregunteime cómo podía ser cando nunca o tiña visto en outros anos, Agora penso que teño a resposta despois de ler un artigo de Antonio Torralba-Burrial. Probablemente desplazouse desde o Alto Tâmega portugués onde está citada ou veu da parte do Xurés e no mapa de GBIF acabo de ver citas no Alto Támega no tramo que corresponde de Laza ata Oimbra. A pesar das moitas veces que estiven nas beiras dese río nunca fun quen de velo.