Ballus chalybeius (Walckenaer, 1802)
Información da fotografía
Lugar: Aranga
Data: 07 decembro 2025
Autor: Xosé Otero
Especie de distribución paleártica, abundante sobre todo en Europa, chega polo leste a Asia central.
Presente na p. i. ao longo do territorio agás grandes áreas do interior sen observacións. Citas puntuais de Baleares e Tenerife.
En Galiza moi escasa e espallada polas provincias costeiras faltando de Ourense.
É unha araña, como a maioría dos saltícidos, de pequeno tamaño:
Macho 2,5-3,5 mm e femia 3-4 mm
A familia Salticidae Blackwall, 1841 é a máis extensa entre os arácnidos, con máis de 700 xéneros e 7000 especies descritas no mundo.
Témola fotografada tamén de Guitiriz.