Libelloides hispanicus ( Rambur, 1842)

No sur oriental de Ourense, Riós, A Gudiña e A Mezquita voa a partires de finais de maio primeiro Libelloides hispanicus e logo máis adiante, a mediados de xuño e xullo, aparece o Libelloides longicornis. Algunha vez os teño visto voando nos mesmos espacios. Supoño que tamén estará presente no concello de Vilardevós pero as…

Ver todo

Libelloides coccajus (Denis & Schiffermüller, 1775)

É a especie da que teño menos avistamentos, estas dúas datas e outra máis sen fotografía decente, practicamente no mesmo lugar. Con un certo parecido no deseño das ás co L. longicornis. Só coñecía a súa presencia no Courel ata que vin o traballo de Rey-Muñiz et al. citándoo nos concellos da contorna, Samos, Becerreá,…

Ver todo

Libelloides baeticus (Rambur, 1842)

As miñas citas desta especie son todas do concello de Rubiá, na Serra de Enciña da Lastra, a máis temperá o 01/05 e a máis serodia o 11/06. Nos traballos citados na entrada anterior, de Pino e Rey-Muñiz, son de maio ata os primeiros de xullo e amplían a área ata Manzaneda polo oeste e…

Ver todo

Ascalaphidae (Rambur, 1842): Libelloides (Schäffer, 1763)

Neuroptera/ Suborden Myrmeleontiformia/ Familia Ascalaphidae/ Subfamilia Ascalaphinae/ Xénero Libelloides Schäffer, 1763 En Galicia hai 4 especies de Libelloides: Libelloides baeticus (Rambur, 1842), Libelloides coccajus (Denis & Schiffermüller, 1775), Libelloides hispanicus ((Rambur, 1842) e Libelloides longicornis (Linnaeus, 1764). Para a península ibérica hai que engadir dúas especies máis: Libelloides cunii (Selys-Longchamps, 1880) en Aragón e Cataluña…

Ver todo

Doros Profuges (Harris, 1780), a pantasma

Orde Diptera/ Suborde Brachycera/ Familia Syrphidae/ Subfamilia Syrphinae/ Xénero Doros «Un dos meus soños entomolóxicos, e garanto que non só é o meu». Paweł Czechowski. En latín, a palabra «doros» tradúcese como «regalo» ou «presente». E a palabra «profuges» tradúcese como «exiliados» ou «fuxitivos». Os ingleses, sempre tan teatreiros, chámanlle Phantom Hoverfly: Mosca pantasma. «Vin…

Ver todo

Familia Syrphidae

Esta entrada pecha, de momento, a colección de sírfidos identificados que temos fotografado. “Ninguna persona sensata se interesa por las moscas. Y menos por los sírfidos, las moscas de las flores, …” di unha reseña do libro de Fredrik Sjöberg: El arte de coleccionar moscas “Hay tres temas: el amor, la muerte y las moscas.…

Ver todo