Arctosa perita (Latreille, 1799)
Información da fotografía
Lugar: Oímbra
Data: 13 abril 2025
Autor: Xosé Bergantiños
Lugar: Guitiriz
Data: 26 abril 2025
Autor: Xosé Otero
Trátase dun licósido de tamaño medio (case pequeno se comparamos con outras especies da mesma familia) no que apenas hai dimorfismo sexual en canto a tamaño corporal, medindo tanto femias como machos de 6 a 8 mm.
Escasamente citada, é probablemente máis abundante do que os mapas de distribución reflicten. Así en Galicia, aínda que presente nas catro provincias apenas hai rexistros nunha decena de localidades.
Na Península está moi repartida por toda a xeografía aparecendo tamén nos arquipélagos atlánticos, incluíndo as Azores, e en Baleares. A escala global é de distribución paleártica occidental, e foi introducida no suroeste do Canadá e no noroeste dos EUA.
Ademais dos exemplares destas imaxes témola fotografado noutras dúas localizacións de Guitiriz, máis unha de Verín (OU) e unha de Viveiro (LU).