Anyphaena accentuata (Walckenaer, 1802)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 15 outubro 2025
Autor: Xosé Otero
Subphylum Chelicerata/ Class Arachnida/ Orde Araneae/ Infraorde Araneomorphae/ Familia Anyphaenidae/ Xénero Anyphaena
Tamaño corporal da femia 5-9 mm e do macho 4-8 mm.
De actividade nocturna, adoita pasar o día nun agocho feito unindo follas con fíos de seda. Machos reprodutores cun curioso comportamento que consiste en achegarse ao acubillo da femia tamborileando cos pedipalpos e o primeiro par de patas ao tempo que fan vibrar o abdome. Isto produce un zumbido polo que os británicos déronlle o nome común de "buzzing spider", asimilado para o castelán na súa tradución literal "araña zumbona". Para o galego o nome proposto en *A Chave é "fantasma tamborileira".
Especie presente nas catro provincias.
*A Chave (2020 ): Os nomes galegos dos aracnídeos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.