Aelurillus cf. v-insignitus (Clerck, 1757)
Información da fotografía
Lugar: Cospeito
Data: 06 setembro 2021
Autor: Xosé Otero
Saltícido de distribución paleártica que chega dende o oeste de Europa até Asia oriental.
Na península ibérica irregularmente repartido por toda ela pero faltando rexistros de áreas extensas, tanto do interior coma próximas ao litoral.
En Galiza é a única especie do xénero que teñamos coñecemento, con moi escasas citas. Falta de Ourense. Rexistros entre os 0 e máis de 800 m.
Marcado dimorfismo sexual en canto a cores e tamaño, con machos de 4-5 mm e femias de 5-8 mm