Micaria Westring, 1851
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 29 xullo 2023
Autor: Vicente Roura
Lugar: Cospeito
Data: 22 outubro 2023
Autor: Xosé Otero
Xénero cosmopolita da familia Gnaphosidae Banks, 1892 con 129 especies no mundo, 35 en Europa, 16 na Península e Baleares (dende a web de Arácnidos Ibéricos pódese acceder a distintos listados).
En Galiza son 4 as especies coñecidas (1)(Martínez Sabarís, E. 2017):
Micaria albovittata (Lucas, 1846); M. dives (Lucas, 1846); M. guttigera Simon, 1878 e M. pulicaria (Sundevall, 1831).
Os rexistros son escasos e espallados aínda sumando as especies presentes do xénero.
A da 2ª foto, por distribución, posiblemente M. Guttigera. En principio queda como Micaria sp.
Unha observación de Vicente Roura en Guitiriz (ver en Observation) podería tratarse de M. coarctata (Lucas, 1846). En todo caso non sendo unha das anteriormente nomeadas ampliaría a 5 as especies galegas.
En xeral de tamaño pequeno, dende os 2,1 mm (macho e femia de M. Dives), ata as femias máis grandes (M. Albovittata) que poden acadar os 8 mm.