Segestria florentina (Rossi, 1790)
Información da fotografía
Lugar: A Veiga
Data: 26 maio 2024
Autor: Xosé Otero
Distribución paleártica occidental, incluídos os arquipélagos da Macaronesia.
Introducida na Arxentina, Brasil e Uruguai, e na illa de Sta Elena.
Presente en case toda a península ibérica.
Rexistros nas 4 provincias galegas, menos frecuente en Ourense.
É unha araña de aspecto robusto e cor negra ou moi escura, con machos de 10-15 mm e femias de 14-22 mm. Nos quelíceros adoitan presentar un brillo metálico verde iridiscente.