Leiobunum blackwalli Meade, 1861
Información da fotografía
Lugar: Verín
Data: 21 xuño 2025
Autor: Xosé Bergantiños
Lugar: Guitiriz
Data: 02 febreiro 2024
Autor: Xosé Otero
Distribución Europea (centro e oeste) e Macaronésica, con algún rexistro puntual no norte de África. Introducida no noroeste dos EE.UU e suroeste do Canadá.
Presente en case toda a península ibérica, máis frecuente no norte e oeste, falta das Illas Baleares.
En Galiza hai rexistros das catro provincias, dende o nivel do mar até os máis de 1000 m.
Machos 2,5-3,5 mm e femias 4-6 mm, ambos sexos cunhas longas patas que poden chegar aos 72 mm.
A especie é moi similar á seguinte que imos tratar, Leiobunum rotundum (Latreille, 1798), da que se pode diferenciar en que esta última ten os ollos rodeadeos duns aneis negros (estes son brancos en L. Blackwalli).
Hai un claro dimosfismo sexual, presentando os machos dorsalmente unha tonalidade uniforme amarela ou alaranxada e as femias un deseño dorsal cunha marca marrón escura.