Saitis barbipes (Simon, 1868)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 25 agosto 2023
Autor: Xosé Otero
De distribución basicamente europea, sobre todo frecuente na Europa mediterránea. Polo leste chega a Bulgaria e en expansión cara ao norte acadando Bélxica, Países Baixos, Alemaña, Dinamarca e Suecia entre outros.
Na península ibérica repartida, máis frecuente en Cataluña, cantábrico oriental, Rexión de Lisboa e Galiza. Menos frecuente na metade sur e no centro.
Falta de Ourense pero aparece con certa frecuencia nas restantes provincias.
É outra diminuta especie da familia Salticidae Blackwall, 1841 con machos de 3,8-4 mm e femias de 4,6-5,7 mm.
Realizan un espectacular ritual de cortexo e non, non se trata dunha especie exótica, vive preto de nós.