Macaroeris nidicolens (Walckenaer, 1802)

Información da fotografía

Lugar: Pobra do Brollón

Data: 30 abril 2023

Autor: Xosé Otero

Distribución paleártica occidental. En toda Europa até Suecia e Dinamarca polo norte, e atópase tamén no sur das illas británicas. Norte de África. Introducións documentadas en República Dominicana e Sri Lanka.

Na P. Ibérica en todo o territorio, no interior falta en grandes áreas. Presencia en Baleares, Canarias e Madeira.

En Galiza faltan rexistros de Ourense, son máis frecuentes na Coruña e Pontevedra e de Lugo só no extremo norte (2 citas de Ribadeo), e no sur (esta da Pobra do Brollón) (GBIF).

Posible expansión en Europa nas últimas décadas. Nas poboacións máis setentrionais amosa tendencia a habitar nas árbores, especialmente coníferas, onde podería ter máis protección ante as condicións climáticas máis desfavorables.

Tamaño: Femia 5,6-7,7 mm, macho 4,2-6,7 mm.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.