Heliophanus C.L. Koch, 1833
Información da fotografía
Lugar: Riós
Data: 07 xuño 2024 (primeira)
Autor: Xosé Bergantiños
Lugar: Guitiriz e Begonte
Data: 04 outubro 2024 (nº 1)
26 maio 2025 (nº 2)
19 e 21 xuño 2025 (nº 3 e 4)
15 novembro 2025 (última)
Autor: Xosé Otero
Xénero con máis de 90 especies descritas distribuídas principalmente no Paleártico, tamén en Norteamérica, Sudamérica e África do sur.
En Europa, incluídas as illas británicas, 41 especies citadas.
17 na Península, Azores, Baleares e Canarias.
En Galiza o xénero está presente nas catro provincias. Moi escasa en Ourense da que, aparte da que ilustra a fotografía, de Riós, tan só hai outra cita, de 1994, en GBIF. * **(ollar notas ao pé)
Nesta base de datos global, de 107 rexistros galegos (a día de hoxe), só 21 determínanse até especie: 13 H. cupreus (Walckenaer, 1802), 7 H. kochii Simon, 1868 e 1 H. tribulosus Simon, 1868), os 86 restantes a nivel de xénero (sp.).
Case todos os rexistros (en GBIF), agás os dous primeiros (cronoloxicamente) de Morano & Cardoso, proceden de dúas plataformas, quizais as máis utilizadas globalmente (non especializadas, como p. ex. eBird en aves) coma son iNaturalist e Observation.org.
21 observacións identifícanse a nivel de especie, das que 16 proveñen de iNaturalist, todas as que dende esta organización engadíronse á base de datos global. Ningunha como "sp."
Procedentes de Observation.org tan só 3 citas aparecen como especie identificada (2 de 2007 e 1 de 2018, dos tempos de Biodiversidad Virtual), outras 86 tan só determinadas como xénero (sp.).
Non é difícil deducir que hai deferencias nos sistemas de validación entre unha plataforma e outra. Penso.
De Morano e Cardoso son as dúas citas restantes de especies ata completar as 21.
*En Biodiversidade.eu, da que por algunha razón os seus rexistros non se icorporan a GBIF, hai 10 observacións de Heliophanus sp. (5 validadas) e unha de H. kochii (sen validar).
**Martínez, E. 2017 apunta nove especies de Heliophanus para Galicia.