Pisaura mirabilis (Clerck, 1757)
Información da fotografía
Lugar: Verín
Data: 30 marzo 2012 (macho dorsal)
Data: 30 marzo 2012 (macho frontal)
Autor: Xosé Bergantiños
Lugar: Guitiriz
Data: 12 xullo 2025 (femia con ooteca)
Autor: Xosé Otero
En Galicia é especie frecuente, distribuída por todo o territorio con rexistros entre os 0 e os 1000-1100 m s.n.m. Único representante do xénero no territorio.
Igualmente abundante na Península, Baleares, Madeira, Canarias, onde falta de Lanzarote e Fuerteventura.
Ocupa toda Europa até latitudes de Escandinavia e Finlandia moi próximas ao Círculo polar ártico e cara a oriente até Asia, rareando canto máis ao leste.
Arácnido de tamaño relativamente grande con femias de 11-15 mm e machos de 10-12 mm.
Un comportamentamento curioso do macho no cortexo consiste no intento de achegamento á femia mediante un engano: captura unha presa que lle ofrece envolta en seda, se a femia acepta el aproveita para situarse fóra do seu alcance e levar a fin a tantas veces peligrosa cópula. Se non acepta pode insistir cun novo agasallo. Esta manobra incrementa notablemente o éxito reprodutivo dos machos.
Rizando o rizo, se non hai dispoñibilidade de presas observouse que poden intentalo cun material inerte (un anaco de madeira por exemplo) igualmente recuberto de arañeira. Nestes casos o final adoita ser ben distinto cando a femia descubre o engano.
A Femia porta a ooteca con 100-300 ovos nos quelíceros até que se achega o momento da eclosión (dúas semanas aproximadamente), entón elabora un acubillo con seda onde nacen as crías e permanecen custodiadas por ela.
Deste feito toman o nome común os anglosaxóns "nursery web spider". Igual que o proposto para o galego en (1)A Chave "araña de berzario" asimilado do portugués. Moi diferentes aos máis comunmente usados en castelán, de connotacións máis agresivas "araña ladrona" e "araña lobo".
Fotografada en lugares de Begonte, Cervantes, Cospeito, Guitiriz e Verín entre outros.
1) A Chave (20202): Os nomes galegos dos aracnídeos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.