Dicranopalpus ramosus (Simon, 1909)
Información da fotografía
Lugar: Cospeito
Data: 08 agosto 2021
Lugar: Guitiriz
Data: 27 xullo 2025
Data: 27 xullo 2025 (detalle do mesmo exemplar
Autor: Xosé Otero
Opilión da familia Phalangiidae . Xénero con 13 especies descritas na actualidade, das que 4-5 poderían estar presentes en Galicia.
A orde dos opilións ten algunhas diferencias morfolóxicas respecto á Araneae, a máis recoñecible é que teñen o corpo "fundido" nunha soa peza, non hai diferenciación visible entre cefalotórax e abdome. Tamén contan cun só par de ollos (araneae 3 ou 4 pares habitualmente) e estes adoitan estar situados nunha prominencia na parte superior-dianteira do corpo (oculario).
Dicranopalpus ramosus mide até 4 mm os machos e 6 mm as femias; mais unha peculiaridade propia desta especie é ter unhas longuísimas patas, que poden sobrepasar os 5 cm o segundo par, e ademais na súa posición normal de repouso as patas permanecen en paralelo e estiradas, pegadas á superficie.
Outra característica rechamante é a forma, como de corno de cérvido, ramificados, dos pedipalpos, moi obvios nos adultos, que lle dá o epíteto específico "ramosus".
En Galicia citada de A Coruña, Lugo e Pontevedra.
Na P.I. ocupa a cornisa cantábrica chegando a Navarra e Aragón. Dende o Cántábrico nun rápido proceso de colonización iniciado, parace ser, ao comezo da década de 1990 estendeuse por case toda a Europa atlántica, incluídas as illas británicas ata o norte de Escocia e Irlanda e acada na actualidade o sur de Escandinavia.