Pompilus cinereus (Fabricius, 1775)
Phylum Arthropoda/ Subphylum Hexapoda/ Clase Insecta/ Orde Hymenoptera/ Suborde Apocrita/ Superfamilia Vespoidea/ Familia Pompilidae/ Subfamilia Pompilinae/ Tribo Pompilini/ Genus Pompilius/
Información da fotografía
Lugar: Oimbra
Data: 28/10/2024
Autor: Xosé Bergantiños
No norte da península ibérica, atópase unha forma oscura case idéntica á achada nas costas do Mar do Norte e o Báltico , pero coa cara máis estreita na parte superior.
Son características unhas bandas cincentas nos tergitos do abdome.
Gosta de chans areosos coma dunas, camiños e leitos secos dos ríos (esta está fotografada na beira dun camiño dun terreo areoso).
Cazadora de arañas, sobre todo da familia Lycosidae, as que inxecta veleno que as paraliza e logo as transporta ata a toba que fura onde vai facer o niño, pondo o ovo sobre o abdome e pechando logo o furado compactando a terra.