Hogna radiata (Latreille, 1817)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 25 xullo 2025
Data: 3 agosto 2024
Autor: Xosé Otero
Lugar: A Gudiña
Data: 25 xullo 2014
Lugar: Rubiá
Data: 22 xuño 2013
Autor: Xosé Bergantiños
Da familia Lycosidae Sundevall, 1833, é unha das especies de araña de "bo tamaño" que podemos atopar en Galicia. A pesar de gustar, segundo a bibliografía, de zonas secas e cálidas, non é difícil atopala en entornos algo máis húmidos e frescos nin é rara tampouco en lugares humanizados, máis ben do rural.
Cunha lonxitude corporal dos machos de 9-18 mm e das femias de 12,5-25 mm, cando observamos unha femia grande a impresión, sumándolle a lonxitude desas patas grandes e robustas, é de ter diante un animal cun tamaño imponente.
Presente en Galicia nas 4 provincias, dende o nivel do mar até os máis de 1000-1100 metros de altitude na Gudiña ou nas montañas orientais de Lugo.
Tamén na Península aparece cunha ampla distribución e conta con rexistros de Canarias e illas Baleares.
Esténdese pola Europa meridional e acada áreas de Oriente medio e norte de África.
Cazadora activa, lanza ataques moi rápidos sobre as súas presas, ás que pode incluso perseguir ás carreiras.
Malia o seu tamaño, robustez e velocidade é unha araña nada agresiva, máis ben todo o contrario, e non está entre as de importancia clínica, é dicir, é inofensiva para o ser humano, como a inmensa maioría dos arácnidos europeos e practicamente todos os galegos.