Gluvia dorsalis (Latreille, 1817)
Phylum Arthropoda/ Subphylum Chelicerata/ Classis Arachnida/ Orde Solifugae/ Familia Daesiidae/ Xénero Gluvia
Información da fotografía
Lugar: Oimbra e Verín (abaixo)
Data: 03/06/2017 e 22/10/2024
Autor: Xosé Bergantiños
Descoñecía da existencia deste artrópodo ata que un compañeiro de saídas ao campo me falou da súa presenza polo val de Monterrei. Aínda tardei unhos anos en atopalo no Monte Soutullo de Oímbra. Máis tarde volvino ver no concello de Verín e o ano pasado retrateino en Cabreiroá e en San Cibrao (Oímbra), moi perto da raia.
É un solífugo endémico da península ibérica e a primeira cita galega é da zona de Pontevedra (RAMBLA & BARRIENTOS, 1986) e a segunda en Vilardevós (Xosé Lois Rey-Muñiz, 2006, Revista Braña, nº 14 de 2016).
Hai outra en iNaturalist (Verín, 2021).
Aquilino Martínez et al (2024), publicado nos ARQUIVOS ENTOMOLÓXICOS, 30: 251-254.
O ano pasado foi descrito outro solífugo novo, na península ibérica, Gluvia brunnea.
Para saber máis sobre Gluvia dorsalis ver os traballos: Taxonomía e distribución geográfica e historia natural del endemismo ibérico Gluvia dorsalis (Latreille, 1817)
Natural history of the Iberian solifuge Gluvia dorsalis /solifugues:Daesiidae)