Nuctenea umbratica (Clerck, 1757)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 12 xullo 2023
Autor: Xosé Otero
De tamaño medio, acadando a femia unha lonxitude de 11-16 mm e o macho 7,5-9 mm.
Constrúe unha arañeira grande e excéntrica onde practicamente só se pode ver despois do solpor ao ser de hábitos estritamente nocturnos. A etimoloxía do seu nome é explícita ao respecto: Nuctenea ven significando nocturno, da noite, e umbratica algo así como "habitante das sombras". Durante o día adoita agocharse en fendas de árbores e de construcións humanas, furados, tubos, etc.
De distribución basicamente Paleártica hai algún rexistro illado (África e nos últimos anos varios en Canadá). Común na Península, máis abundante no terzo norte e en Portugal.
En Galicia aparece en todas as provincias, con rexistros máis escasos en Ourense e na Coruña. Témola fotografado tan só na Terra Chá (Begonte, Cospeito e Guitiriz).