Larinioides sclopetarius (Clerck, 1757)

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 17 agosto 2024

Autor: Xosé Otero

Araña de tamaño mediano a relativamente grande con femias de 10-14 mm e machos de 6-8 mm, cun bonito deseño dorsal en tons grises a amarronados.

Gusta da proximidade de correntes de auga: varandas de pontes, farolas ou pedras preto da auga. Para acubillarse parece ter inclinación polo aceiro. A da foto preparaba a súa captura nun oco da estrutura metálica dunha comporta na presa dun muíño.

De ampla distribución. Introducida en Norteamérica. Está presente en case toda Europa, en toda a Península e, en Galicia, inda que con escasos rexistros, pódese observar irregularmente distribuída polas catro provincias.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.