Araniella sp. (A. cucurbitina/opistographa)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 05 maio 2025
Autor: Xosé Otero
Lugar: Begonte
Data: 24 xuño 2017
Lugar: A Gudiña
Data: 16 xuño 2019
Autor: Xosé Bergantiños
Realmente complicado diferenciar entre individuos destas dúas especies a partires de fotografías sen captura, a non ser que consigamos macros (extremos) ben da zona ventral no caso da femia, onde se poida apreciar con claridade a forma do escapo do epixino, ou ben da parte ventral dos fémures do primeiro par de patas dos machos, onde o número de espiñas varia entre unha e outra especie (3+1 vs. 6/7). A ter en consideración que falamos de arañas cun tamaño de entre 4-6 mm as femias e 3,5-4 mm os machos no caso de A. Opistogrpha (Kulczyński, 1905); ou 4,5-9,5 mm femias e 3,5-4,5 mm machos de A. cucurbitina (Clerck, 1757).
Hai traballos (na lingua orixinal) que discuten a validez do número de pares de puntos negros nos laterais do opistosoma (abdome) como caracteres diagnósticos das 2(3) especies do xénero citadas en Galicia, ou 4 especies na Península Ibérica (sumar A. alpica e A. incospicua) ,e outras non presentes. Que doada faría a determinación! Pero semella non estar moi clara a cousa.