Argiope bruennichi (Scopoli, 1772)

Información da fotografía

Lugar: Riós

Data: 4 xullo 2017

(macho)

Lugar: Guitiriz

Data: 12 agosto 2025

Autor: Xosé Otero

(femia)

Lugar: Ribadeo

 

Acusado dimorfismo sexual, tanto en patrón de cor como en tamaño (non apreciable nestas imaxes a distinta escala). Macho: 6,9 - 8,3 mm e femia 9,9 - 22 mm. Lucen unha rechamangueira coloración aposemática, especialmente a femia, de bandas negras sobre un fondo de esbrancuxado a amarelo, imitando ás avespas (mimetismo batesiano).

Entre a vexetación herbácea de zonas preferentemente húmidas tece unha arañeira orbicular decorada cunha característica estrutura en zigzag chamada stabilimentum, da que realmente non se coñece a súa función, e que axuda a facela aínda máis doadamente detectable.

 

Data: 22 setembro 2024

Autor: Xosé Otero

(ooteca)

Lugar: Cospeito (arañeira)

Data: 24 Xuño 2008

Autor: Xosé Bergantiños

 

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.