Araneus quadratus Clerck, 1757
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 02 setembro 2017
Autor: Xosé Bergantiños
Lugar: Vilariño de Conso
Data: 13 agosto 2016
Autor: Xosé Bergantiños
A primeira foto, de Guitiriz, corresponde á vista dorsal dunha femia na que se aprecian os catro puntos no opistosoma que teñen que ver co nome ("quadratus" = cuadrado, de catro ángulos) e fana inconfundible.
Na segunda, de Vilariño de Conso, unha vista ventral.
O tamaño de A. quadratus vai dos 7 - 11 mm dos machos até os 10,5 - 20,5 mm das femias.
A arañeira orbicular é típica da familia araneidae. Mais esta araña atópase con máis frecuencia agochada nun refuxio en forma de "cúpula" e conectado co centro da tea cun fío que a avisa da caída das presas.
Distribuese por Asia central e Europa. Na Península Ibérica ocupa o terzo setentrional. En Galicia está presente nas catro provincias inda que as citas non son abundantes. Témola fotografado, ademais de en Guitiriz e Vilariño de Conso, en Begonte.