Araneus sturmi/triguttatus
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 16 maio 2025
Autor: Xosé Otero
Tanto Araneus sturmi (Hahn, 1831) como Araneus triguttatus (Fabricius, 1775) están escasamente citadas en Galicia.
Da familia araneidae, son especies de pequeno tamaño oscilando entre 3,3-4,5 mm os machos e 4,1-5,8 mm as femias.
Con este tamaño, no alto dunha herba unha mañá con vento á beira do río, o resultado das fotos foi ben pobre.