Trichopoda pennipes (Fabricius, 1781)

Phylum Arthropoda, Subphylum Hexapoda, Classis Insecta, Ordo Diptera, Subordo Brachycera
Familia Tachinidae, Subfamilia Phasiinae, Genus Trichopoda

Mosca de orixe norteamericana introducida en Europa, a consecuencia do seu uso no control de plaga de hemípteros, como Nezara viridula (Linnaeus, 1758), nos cultivos de legumes e cucurbitáceas. A mosca deixa os ovos sobre o corpo e logo a larva parasitará a chinche pasando o inverno dentro do hóspede e o imago emerxerá na primavera seguinte..

Os machos poden ter algún tono bermello nas ás e as femias poden ter o abdome de cor laranxa rematado en negro. A femia desta foto ten o abdome negro.

Foto feita no sur do concello de Verín nun camiño paralelo ó río onde hoxe apenas hai un par de hortas. Na Galiza está citada en A Coruña e Pontevedra. Está identificada por un dos autores do traballo arriba citado.

Loading