Tetralonia (Tetralonia) cf. malvae (Rossi, 1790)

Phylum Arthropoda, Subphylum Hexapoda, Classis Insecta, Ordo Hymenoptera, Subordo Apocrita
Superfamilia Apoidea, Familia Apidae, Subfamilia Apinae, Tribus Eucerini, Genus Tetralonia

http://iberfauna.mncn.csic.es/showficha.aspx?rank=T&idtax=130561

En Observation identifícana coma Tetralonia spec. Polas imaxes que atopei do xénero en internet parece factible e, contrastando coa LISTA ACTUALIZADA DE LAS ESPECIES DE ABEJAS DE ESPAÑA (HYMENOPTERA: APOIDEA: APIFORMES) publicada no Boletín da S.E.A. por Francisco Javier Ortiz-Sánchez (Boletín de la Sociedad Entomológica Aragonesa (S.E.A.), nº 49 (31/12/2011): 265‒281., Ver páxina 278), chego á conclusión de que ten que ser Tetralonia (Tetralonia) malvae dado que é a única citada na península ibérica.

Para saber máis sobre estes polinizadores hai un artigo interesante, con moita información, en Polinator Academy.

Este exemplar foi fotografado o 16/07/2025, á tarde, baixo un sol abrasador, no Riós.

Loading