Orquídeas galegas (XI)

Spiranthes spiralis (L.) Chevall.

Nome común: Estrangurria do outono(1) Espiral de outono(2)


Breve descrición(3)
(6) 6,5-27(36) cm; talo con pelos glandulíferos en toda a súa lonxitude; follas basais ovado-elípticas que forman unha roseta a un lado do talo floral; infloresecencia de 2,3-12(15) cm con flores dispostas en espiral, cubertas de pelos glandulares, brancas, co labelo verde e bordes esbrancuxados, bruscamente curvado cara abaixo; sen esporón.

Begonte, 05/09/2010
Aranga, 19/09/2003


Fenoloxía da floración
(Agosto)setembro-outubro
Localización
Con máis presenza na Terra Chá que a súa conxénere S. aestivalis. Fotografada en Begonte e Cospeito.
Tamén no limítrofe concello coruñés de Aranga..
Cuadrículas UTM: 29TNH88, 29TPH18.

Begonte, 19/09/2010
Aranga, ano 2005


Hábitat (na Terra Chá)
Pasteiros con matogueira dispersa, en ocasións húmidos e en prados.

Xosé Otero


(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.

(2)Nome empregado por:
Guía das orquídeas de Galicia


(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.

Orquídeas chairegas (introducción)

Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora

Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio

Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata

Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata

Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea

Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia

Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora

Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera

Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua

Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis

Loading