Orquídeas chairegas (VI)
Platanthera bifolia (L.) L.C.M. Richard
Nome común:
Satirión de dúas follas(1)
Orquídea branca das bolboretas(2)
Breve descrición(3)
15-50 cm; 2 (rara vez 3) follas basais de elípticas a ovais e 1-4 caulinares, pequenas; inflorescencia rara con flores brancas cun recendo agradable; labelo estreito, con forma de lingua, alongado e co extremo tinguido de verde-amarelento; esporón cilíndrico, estreito, branco-verdoso e visiblemente máis longo que o ovario.
Imposible a confusión con ningunha outra especie chairega.



Fenoloxía da floración
Maio-xullo(agosto)
Localización
Fotografámola en 3 localizacións chairegas, 1 en Begonte e 2 en Cospeito. A localización de Begonte sufre, como tantas zonas rurais do país, un abandono progresivo dende hai anos que está afectando á pequena, máis ben exigua, poboación fotografada no lugar. Unha das localizacións de Cospeito, que apenas visitamos nos últimos anos (é un pouco deprimente ollar o seu deterioro) sufre unha eucaliptización que xa ocupou unha boa parte dos prados onde a fotografabamos. A segunda localizacion moi próxima a anterior, nunha zona de uso agrogandeiro con mosaico de prados e matogueiras e pequenas manchas forestais; pese á intensificación agrogandeira parece ir manténdose.



Cuadrículas UTM: 29TPH07, 29TPH18.
Hábitat (na Terra Chá)
Prados de sega pouco intensificados e/ou transformados; ás veces nos bordos, entre (ou) baixo vexetación arbustiva. Mosaico de prado-matogueira en terreos estacionalmente húmidos. Herbazais próximos a áreas inundables.



Xosé Otero
(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.
(2)Nome empregado por:
Guía das orquídeas de Galicia
(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente
Orquídeas cOrquídeas chairegas (introducción)
Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora
Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio
Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata
Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata
Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea
Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia
Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora
Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera
Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua
Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis
Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis
![]()