Orquídeas chairegas (V)

Gymnadenia conopsea (L.) R.Br

Nome común: Lumbrín(1) Lumbrín(2)


Breve descrición(3)
De (14)15–60(65) cm; 3-9 follas basais linear-lanceoladas, as caulinares bracteiformes; inflorescencia en espiga cilíndrica ± densa, de ata 25 cm, con (17)20-80(82) flores de cor rosa, ás veces lila, sen manchas; esporón filiforme moi longo algo, recurvado e dirixido cara abaixo

Cospeito, 2013
Cospeito, 2013


Fenoloxía da floración
(Maio)xuño-xullo(agosto)


Localización
1 soa localización chairega e somente en dous anos consecutivos (2013-2014). Logo non se volveu
localizar, moi probablemente polo manexo do solo.


Cuadrículas UTM: 29TPH28.

Cospeito, 2013


Hábitat (na Terra Chá)
Toxeira rozada e transformada logo da vaga de lumes forestais de mediados da década dos 2000. A área, nos anos en que se localizou a G. conopsea estaba xestionada por unha sociedade de cazadores. Dividida en 3-4 zonas, unha parte, delimitada por un valado de malla metálica, empregábase para a cría-solta de coello de monte (Oryctolagus cuniculus), permanecendo con restos do que fora toxeira; un extremo plantado a cereal (suponse que coma hábitat para perdiz Alectoris rufa) e unha terceira zona permanecía como evolucionou tras a roza de poucos anos atrás e algunha roza algo máis recente, con vexetación herbácea e restos de leñosas. Nesta última parte localizáronse unhas poucas decenas de exemplares de G. conopsea en xuño de 2013 e moitas menos o ano seguinte.

Xosé Otero


(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.


(2)Nome empregado por:
Guía das orquídeas de Galicia


(3) Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.

Orquídeas cOrquídeas chairegas (introducción)

Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora

Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio

Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata

Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata

Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea

Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia

Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora

Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera

Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua

Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis

Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis


Loading