Orquídeas chairegas (III)
Dactylorhiza elata (Poir.) Soó
Nome común: Satirión corpudo(1) Satirión corpudo(2)
Breve descrición(3)
De (18)30–100(110) cm de altura. Follas basais verdes, lanceoladas, erectas, rara vez con manchas; inflorescencia grande (6)12-21(36) cm, cilíndrica con (8)19-40(68) flores de rosadas a violáceas, o labelo case enteiro ou trilobulado con manchas máis escuras lineais e algunhas punteadas cara á base; esporón con forma de saco, groso, descendente.


Fenoloxía da floración
(Abril)maio-xuño(xullo)
Localización
Observada, inda que non sempre fotografada, en practicamente tódolos concellos da comarca, coma noutros moitos do resto de Galiza, sobre todo do centro e a metade norte. Das máis conspicuas e doadas de ollar entre as orquídeas chairegas tanto polo seu tamaño (o tamaño total e o da súa inflorescencia) como polos lugares tan visibles onde adoita medrar.
Cuadrículas UTM: Moitas das que abranguen a Terra Chá.



Hábitat (na Terra Chá)
En multitude de lugares e hábitats con certa humidade. Prados e pasteiros, brañas, bordos de humidais, ríos e regatos, cunetas, xunqueiras…
Xosé Otero
(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave. https://achave.gal/wp-content/uploads/achave_osnomesgalegosdas_plantas_e_arbores_2020.pdf
(2)Nome empregado por: Guía das orquídeas de Galicia
(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.
Orquídeas chairegas (introducción)
Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora
Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio
Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata
Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata
Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea
Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia
Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora
Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera
Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua
Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis
Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis
![]()