Orquídeas chairegas (II)


Anacamptis morio (L.) R.M.Bateman, Pridgeon & M.W.Chase

Nome común: Satirión femia(1) Satirión encarapuchado(2)

Breve descrición(3)

10-50 cm de altura; follas nunha roseta basal (3-10) sen manchas e algunhas máis caulinares, progresivamente de menor tamaño cara ao ápice; inflorescencia subcilíndrica con 4-20 flores de cor e tonalidade variables dende violetas ou púrpuras a rosadas ou case brancas, o labelo esbrancuxado no centro presenta unha serie de puntos de avermellados a violeta; o casco ten unha apariencia estriada ao ser ben visibles os nervios dos sépalos; esporón cilíndrico grande, horizontal ou algo dirixido cara ariba e curvado, ás veces engrosado no ápice.

Begonte, 21/05/2011
Begonte, 21/05/2011

Fenoloxía da floración

(Febreiro) marzo-xullo

Localización

Fotografada en dúas localizacións chairegas, nos concellos de Guitiriz (2016 e 2017) e Begonte (2011). Cuadrículas UTM: 29TNH97 e 29TPH18
Hábitat (na Terra Chá)

Herbazal de pouca extensión (arredor de 2500 m2) bordeado de matogueira e pequenas árbores e salpicado de matas arbustivas dispersas (Rubus sp., Ulex sp. e Cytisus sp.) en expansión. A zona foi utilizada para desfacerse de rolos de herba por algún gandeiro e mesmo de refugallos de diversa índole. Prado de sega para herba seca.

Guitiriz, 14/04/2016
Guitiriz, 14/04/2016
Guitiriz, 01/05/2017

Xosé Otero

(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.

(2)Nome empregado por: Guía das orquídeas de Galicia

(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.

Orquídeas chairegas (introducción)

Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora

Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio

Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata

Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata

Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea

Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia

Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora

Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera

Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua

Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis

Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis

Loading