Heliophanus tribulosus (Simon, 1868)

Distribución paleártica occidental. Presente dende Dinamarca, ao norte, até o Mediterráneo e dende a fachada Atlántica (Francia e península ibérica) até o Cáucaso.

Moi dispersa por toda a Península con citas pouco abundantes. Citada nas Baleares e Canarias.

En Galiza rexistros moi escasos de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

De 14 especies do xénero Heliophanus citadas na Península e Baleares na actualidade, H. tribulosus é a única que temos determinada a nivel específico, entre moitas fotografías de distintos exemplares.

Pronunciado dimorfismo sexual con machos cunha lonxitude corporal de 3,2-4,0 mm e femias de 4,0-5,4 mm

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 07 outubroo 2026

Autor: Xosé Otero

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.