Alopecosa barbipes (Sundevall, 1833)
Distribución europea dende o Atlántico até os países do leste e dende Finlandia e Escandinavia até as costas mediterráneas.
Na península ibérica citada en Cantabria e norte de Palencia, na metade norte de Portugal e Ciudad Real.
En Galiza esta é a única cita da que teñamos coñecemento.
Entre as arañas da familia lycosidae é unha especie de tamaño discreto con machos de 7,5 – 8,5 mm e femias de 7,5 – 10,9 mm.
Cazadora activa en chans areosos con vexetación dispersa non fai arañeiras para capturas presas.
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 03 outubro 2026
Autor: Xosé Otero