Hyptiotes paradoxus (CL Koch, 1834)

Distribución paleártica occidental: Dende o sur de Escandinavia até o Mediterráneo chegando polo leste até as beiras do Mar Caspio.

Na Península e Baleares moi dispersa con arredor de 40 citas (datos de GBIF e de AIMA).

En Galiza citada de Ferrol e as Rías Baixas.

Como comentabamos na entrada que fai referencia ao xénero, pertence á familia Uloboriae, unha das escasas familias de araneidos ibéricos que non teñen veleno.

É unha especie de tamaño pequeno - medio cun característico xeito de permanecer na súa arañeira coas robustas patas dianteiras estiradas, á espera da presa.

Macho 3,5 – 4 mm e femia 5 – 6 mm.

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 18 outubro 2026

Autor: Xosé Otero

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.