Amaurobius cf occidentalis Simón, 1893
Distribución restrinxida ao suroeste de Francia e á Península Ibérica no extremo noroccidental (metade norte de Portugal).
En Galiza atopamos unha única cita anterior, de Lugo, publicada por Domenech et al. en Arachnologische Mitteilungen: Arachnology Letters 62 (1). https://doi.org/10.30963/aramit6208
Non resulta doado dar con fotografías de exemplares vivos dos que tan só atopamos dun macho e dunha femia na ficha de Arácnidos Ibéricos.
Especie de tamaño medio: 9-12 mm para as femias.
A única posible confusión, á vista dos detalles que se poden apreciar na fotografía (recorte) dos bulbos copuladores, sería con algunha das especies das que inda non hai descrición do macho (agradecer o comentario ao respecto de Simeon Indzhov nunha publicación de consulta no fb de Arácnidos Ibéricos).
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz Data: 02 setembro 2026 Autor: Xosé Otero