Cryptachaea Archer, 1946

Phylum Arthropoda/ Subphylum Chelicerata/ Classis Arachnida/ Superordo - incertae sedis - (Arachnida)/ Ordo Araneae/ Subordo Araneomorphae/ Superfamilia Araneoidea/ Familia Theridiidae/ Genus Cryptachaea

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 17 febreiro 2026

Autor: Xosé Otero

 

2 especies do xénero citadas de Galiza e da península ibérica: Cryptachaea blattea (Urquhart, 1886) e C. riparia (Blackwall, 1834). A segunda de distribución paleártica e C. blattea parece ter as súas orixes nas illas macaronésicas (Canarias, Cabo verde...) aínda que colonizou Europa e outras partes do mundo.

En Galiza hai un rexistro de principios do século XX de C. riparia (PO) e 3 recentes de C. blattea (C) ademais deste de Guitiriz que subimos como Cryptaranea sp.

Malia non asignación a unha especie concreta, o tamaño dos 3 exemplares observados (só 2 nas fotos) de escasos 2 mm, fainos pensar máis en C. blattea (1,7-2,4 mm e 2,2-3,2 mm macho e femia respectivamente) que na maior C. riparia. Ou ben que non se trate de exemplares adultos.

É unha especie sinantrópica que se atopa con frecuencia en construccións e xardíns, incluído mobiliario.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.