Melanocoryphus albomaculatus (Goeze, 1778)
Phylum Arthropoda/ Subphylum Hexapoda/ Clase Insecta/ Orde Hemiptera/ Suborde Heteroptera/ Infraorde Pentatomomorpha/ Superfamilia Lygaeoidea Familia Lygaeidae/ Subfamilia Lygaeinae/ Xénero Melanocoryphus
Citado en media Europa (occidental e mediterránea).
Prefire hábitats cálidos, secos e rochosos con moita exposición ao sol; con menos frecuencia, zonas con solos areosos. É unha especie que chucha sementes. O seu principal alimento é Vincetoxicum hirundinaria . Outras plantas son o sanxoan ( Digitalis purpurea) e Senecio sp.