Enoplognatha mandibularis (Lucas, 1846)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 19 xaneiro 2026
Autor: Xosé Otero
Especie da familia Theridiidae con distribución principalmente circunmediterránea pero con presenza dende a Rusia europea até a asiática, e China. Citada tamén en illas atlánticas (Azores e Santa Helena) e en Sudáfrica.
En Europa principalmente nas beiras do Mediterráneo mais é relativamente frecuente no noroeste de Francia. Observacións illadas tan ao norte coma Alemaña ou Dinamarca.
Na península ibérica ao longo das costas mediterráneas (incluídas Baleares) e atlánticas até Porto e citas menos frecuentes no interior.
En Galiza só citas recentes, unha no noroeste da coruña, dúas de Redondela e Vigo (PO) Fernández Velasco et al. (2024) e esta que é a primeira para a provincia de Lugo.
De pequeno tamaño con femias de 2,4-5,3 mm e machos de 2,4-4,8 mm segundo a descrición de Arácnidos Ibéricos, posúen uns quelíceros de grandes en relación á súa talla.
Fernández Velasco, , L., Polina González, , A. y Garrido González, , J. (2024) «Enoplognatha mandibularis Lucas, 1846 (Arachnida, Araneae, Theridiidae), nuevo terídido para la comunidad de Galicia», Nova Acta Científica Compostelana, 31, pp. 1-3. doi: 10.15304/nacc.id9847.