Sesiidae en Galiza (1)
Lepidoptera > Heteroceros > Superfamilia Sesioidea > Familia Sesiidae Boisduval 1828
Esta entrada xurde a partir da publicación dunha actualización de Zdeněk Laštůvka, Aleš Laštůvka sobre os sésidos europeos. Hai anos , nunha páxina anterior (xa extinta), fixera algo parecido a isto, xuntar os datos publicados e as citas que puiden atopar en internet. Partindo dos que tiña de 2014 e procurando en GBIF, traballos publicados de Zdeněk Laštůvka & Aleš Laštůvka, Biodiversidade.eu xunto cos datos meus actualizados dáme este resultado de especies das que hai algunha información sobre a súa presenza en Galiza (non tiven en conta os datos de Observation e iNaturalist porque unha vez validados pasan a GBIF).
En internet as identificación por fotografía sempre estará un pouco no ar, debido a que son simplemente a través de fotografías, sen os datos complementarios de observación directa por expertos ou polo estudo das xenitalias.
Pero isto non é un traballo científico, so a aportación dun entusiasta dunhas bolboretas fascinantes.
Teño a completa seguridade de que hai moitas máis citas publicadas que non atopei por non ser unha procura exhaustiva nin por non ter acceso a algúns datos publicados.

Estas serían as especies:
Microsphecia tineiformis (Esper, [1789]), Sesia apiformis (Clerck, 1759), Sesia bembeciformis (Hübner, [1806]), Paranthrene tabaniformis (Rottemburg, 1775) ssp synagriformis, Paranthrene insolitus Le Cerf, 1914 ssp hispanica, Synanthedon scoliaeformis (Borkhausen, 1789), Synanthedon stomoxiformis (Hübner, 1790) ssp riefenstahli, Synanthedon culiciformis (Linnaeus, 1758), Synanthedon spheciformis ([Denis & Schiffermüller], 1775), Synanthedon formicaeformis (Esper, 1783), Synanthedon flaviventris (Staudinger, 1883), Synanthedon myopaeformis (Borkhausen, 1789), Synanthedon vespiformis (Linnaeus, 1761), Synanthedon codeti (Oberthür, 1881), Synanthedon conopiformis (Esper, 1782), Bembecia uroceriformis (Treitschke, 1834), Bembecia himmighoffeni (Staudinger, 1866), Bembecia ichneumoniformis (Denis & Schiffermüller, 1775), Bembecia fibigeri Laštůvka & Laštůvka, 1994, Bembecia iberica Špatenka, 1992, Pyropteron chrysidiformis (Esper, 1782), Pyropteron meriaeformis (Boisduval, 1840), Pyropteron hispanica (Kallies, 1999), Pyropteron leucomelaena (Zeller, 1847), Pyropteron affinis (Staudinger, 1856) e Chamaesphecia aerifrons (Zeller, 1847)

Especie: Pyropteron sp. probablemente Pyropteron leucomelaena (Zeller, 1847)
Lugar: Oimbra, Data: 10/06/2024, Autor: Xosé Bergantiños
Como moitos outros tipos de insectos a identificación por fotografia non sempre é posible.
A fotografía, con outras dúas máis, foi enviada a un experto, que respondeu dicindo que, a pesar da nitidez das fotografías, non podía chegarse a unha determinación da especie por falta de pequenos detalles que asegurarían a identificación. E eu pensando, antes de mandala, que estaba diante dunha especie nova (Pyropteron affinis (Staudinger, 1856)) que descartou sen ningún xénero de dúbidas. A ter en conta o pequeno tamaño da bolboreta que é similar á dun mosquito.
Clearwing Moths of Europe Identification, Biology and Distribution (Lepidoptera: Sesiidae)
Distribution of Sesiidae in Europe
![]()