Paidiscura pallens (Blackwall, 1834)
Phylum Arthropoda/ Subphylum Chelicerata/ Classis Arachnida/ Superordo - incertae sedis - (Arachnida)/ Ordo Araneae/ Subordo Araneomorphae/ Superfamilia Araneoidea/ Familia Theridiidae/ Genus Paidiscura
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 08 decembro 2025
Autor: Xosé Otero
Especie paleártica presente en case toda Europa, agás en parte dos Balcáns. Rarea cara ao leste inda que chega a Rusia.
Na península ibérica aparece irregularmente repartida no terzo oeste, Cataluña, Euskadi, áreas de Andalucía a Castela a Mancha...); falta de amplas áreas do interior (meseta central, val do Ebro), de boa parte ca cornixa cantábrica, litoral mediterráneo e Andlucía occidental).
De Galiza rexistros son pouco frecuentes e nas provincias costeiras. Dende case o nivel do mar até os máis de 1100 metros de Pedrafita.
É unha araña diminuta da familiaTheridiidae Sundevall, 1833, o macho apenas mide 1,2-1,4 mm e a femia 1,7-2 mm. (nas fotos un macho).
Esta última constrúe unha peculiar ooteca non coñecida noutras arañas, (ver fotos, por exemplo, en Arácnidos Ibéricos), cunha forma da que se di que lembra ao Sputnik I.