Pardosa hortensis (Thorell, 1872)
(Información da fotografía
Lugar: Aranga
Data: 07 decembro 2025
Autor: Xosé Otero
Distribución: Europa, Turquía, Cáucaso, Rusia (dende Europa atá o sur de Siberia), Irán, Xapón (Dato do Catálogo Mundial de Arañas, WSC polas súas siglas en inglés).
Na Península ben distribuída agás na cornixa cantábrica e litoral sueste e suroeste.
De Galiza moi escasos rexistros, 2 de Pontevedra, 1 de Compostela e súmase este de Aranga, sendo unha observación realmente serodia para a fenoloxía coñecida da especie na Península.
É un licósido de pequeno tamaño con femias de 5-6 mm e machos de 3,5-4,5 mm.
Hai unha entrada anterior nesta web na que mencionabamos a escaseza de citas a nivel específico dentro do xénero.