Psilochorus simoni (Berland, 1911)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 06 decembro 2025
Autor: Xosé Otero
Orixinaria probablemente dos EE.UU. (con moi escasas ref.) curiosamente aparece con maior frecuencia en áreas onde foi introducida: Europa occ. (especialmente), Turquía, o Cáucaso, México, Centroamérica ou N. Zelandia, que na súa área inicial.
Na p. i. 1º rexistro en León en 2010 (Artigo), dende entón aparecen observacións, a contagotas, no resto da metade norte.
De Galiza hai unha ducia de rexistros: Terra Chá, outras áreas de Lugo e noroeste da Coruña.
Fólcido de pequeno tamaño (1,9-3 mm femia e macho) que pode pasar doadamente desapercibido. Sinantrópico, habita en sotos, garaxes, leñeiras, adegas, etc.