Trochosa Koch, 1847

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz e Cervantes

Data: 09 setembro e 06 abril 2024

Autor: Xosé Otero

Xénero cosmopolita presente en tódolos continentes agás na Antártida. Conta con 93 especies, 9 delas en Europa e 4 na Península e Baleares.

De Galiza os rexistros son escasos e espallados nas 4 provincias. Cítanse 3 especies quedando a maioría a nivel de xénero. Dende o nivel do mar ata os máis de 1500 m no Macizo de Pena Trevinca.

As especies galegas son: T. robusta (Simon, 1876), T. ruricola (De Geer, 1778) e T. terricola Thorell, 1856.

Pertencen á familia Lycosidae Sundevall, 1833. Arañas de tamaño medio. Das especies presentes en Galiza os machos poden ir dos 7(9)-9,5(18) mm e as femias 8(11)-(14)18 mm.

 

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.