Zoropsis spinimana (Dufour, 1820)
Información da fotografía
Lugar: Guiitiriz
Data: 12 abril 2025
Autor: Xosé Otero
A especie aseméllase ás da familia Lycosidae das que é posible separar visualmente pola disposición dos ollos.
Araña grande que pode chegar a case 2 cm: femia 10-19 mm e macho 10-13 mm.
Paleártica, máis frecuente en Europa. Introducida en Norteamérica.
Na Península é frecuente pero rarea en grandes áreas interiores.
En Galiza relativamente frecuente inda que de Lugo e Ourense coñecemos unha soa cita por provincia.
Pode vivir cerca ou nas casas.