Misumena vatia (Clerck, 1757)
Información da fotografía
Lugar: Rábade
Data: 18 xuño 2012
Autor: Xosé Otero
Distribución holártica: Eurasia e Norteamérica.
Na península ibérica é frecuente pero rareando en zonas do interior.
En Galiza tamén frecuente e bastante común nas 4 provincias inda que algo menos en Ourense.
En xeral de cores variables, abrancazadas, verdes ou amarelas. É unha especie críptica, incluso as femias teñen a capacidade de cambiar de cor para adaptarse á da flor na que se atopan (facelo pode levarlle días).
Machos de 3-5 mm e femias maiores, 7-11 mm.
Caza agardando polas presas nas flores onde adoita permanecer agochada.