Skip to content

Chrysis subsinuata (Marquet, 1879)

Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orde Hymenoptera/Suborde APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia CHRYSIDOIDEA/Familia CHRYSIDIDAE/Subfamilia Chrysidinae/Tribu Chrysidini/Xénero Chrysis/

As especies da familia Chrysididae son avespas de vivas cores que se poden ver nos días de sol e calor sobre plantas nectaríferas e sobre as secrecións doces de algunhas arbres. Son chamadas avespas cuco, como tantas outras avespas, por poñer o ovo no niño de outras especies.
Na península ibérica están descritas arredor de 70 especies so de Chrysis, non sei as que poden voar na Galiza porque descoñezo se hai estudios sobre a Familia Chrysididae referidos á nosa área xeográfica. Polo que puiden ver no libro Chrysididae da Dra. Elvira Mingo Pérez (Museo Nacional de. Ciencias Naturales, Madrid, España) cita Chrysis cuprata, Chrysis elegans, Chrysis ignita, entre outras, para todo o territorio peninsular ou para a metade norte da península pero unicamente da a cita de Chrysis caeruleiventris na Galiza.
A Chrysis subsinuata aquí presentada está citada na metade norte da península.

Fotografadas en Oimbra en Maio de 2011.
Identificada en Biodiversidade Virtual.

Fauna ibérica. Vol. 06. Hymenoptera: Chrysididae

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.

Scroll To Top